Galdo acolle este domingo, 12 de maio, a Feira das Maulas con mercado e carreiras

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

Foto de arquivo do ano 2018 da Feira das Maulas, en Galdo
Foto de arquivo do ano 2018 da Feira das Maulas, en Galdo PEPA LOSADA

Haberá música e premios

11 may 2024 . Actualizado a las 16:53 h.

O lugar da Feira, na parroquia viveirense de Galdo, será escenario este domingo dunha nova edición da Feira das Maulas. O mercado popular e a feira de gando darán comezo ás dez da mañá, mentres que ás 11.00 horas comezarán as probas de andadura federada. A partir das dúas da tarde haberá sesión vermú, que amenizará o trío La Noche. As tradicionais carreiras cabalares arrincarán ás catro da tarde, e ás cinco disputarán un partido de fúbol o Celeiro Club del Mar e o Novas Raíces de Galdo. O trío La Noche amenizará de novo o baile da tarde. Haberá premios para o gandeiro que presente o maior número de cabezas de vacún (100 euros) e para o que presente o maior número de cabezas equinas (outros 100 euros).

Organiza Cabaleiros do Landro

Logo de que o Concello anunciase de que carecía de fondos para organizar As Maulas este ano, a Asociación Cabaleiros do Landro animouse a preparar unha cita que ten máis de 300 anos de historia.